A rateira

Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxento da policía Trotter preséntanse nun pequeno hotel afastado da capital e aillado pola neve para advertir aos seus moradores que o asasino está a piques de chegar co propósito de cometer outro crime. Ninguén parece dar crédito ás palabras do axente, pero, cando un dos hóspedes é asasinado, todos comprenden, alarmados, que o criminal se atopa xa no hotel e debe ser un deles…De feito, algúns personaxes compórtanse dun modo extrañamente excéntrico e case todos teñen algo que ocultar, un pasado con experiencias traumáticas que os atormenta ata o punto de constituírse nunha carga demasiado pesada.

 

A AUTORA: AGATHA CHRISTIE

AgathaChristie foi o froito do matrimonio entre Frederick Alvah Miller, un corredor de bolsa estadounidense, e de Clarissa Margaret Boehmer, filla dun capitán da Armada británica. Foi a menor de tres irmáns. O seu pai faleceu cando ela tiña once anos e a súa nai deulle clases en casa, animándoa a escribir desde moi nova. Á idade de 16 anos, asistiu á escola da señora Dryden, en París, para estudar, canto, danza e piano. Casou en primeiras nupcias en 1916 con Archibald Christie, do cal se divorciou en 1928, pero despois deste matrimonio coñeceuse mundialmente como a escritora de novelas e contos policiais e detectivescos, co nome de Agatha Christie. Nos seus varios matrimonios, tivo ocasión de percorrer lugares do mundo e usalos como escenarios dos seus escritos. En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura e feita doutora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter. En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dáme), un título de nobreza que naqueles días concedíase con pouca frecuencia.
Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, á idade de 85 anos, en Winterbrook House, Cholsey, preto de Wallingford, Oxfordshire. Está enterrada no cemiterio da igrexa de St. Mary, en Cholsey.
As súas obras caracterízanse polos seus desenlaces inesperados. Hai personaxes da súa creación que foron moi coñecidos polos seus lectores e seguidores: Hércules Poirot e Miss Marple. Entre os seus títulos máis populares atópanse Asasinato no Orient- Express (1934), Morte no Nilo (1937) e Dez negritos (1939), aínda que a súa mellor obra sexa quizá una das primeiras, O asasinato de Roger Ackroyd (1926). Na súa última novela, Pano (1974), a morte do personaxe Hércules Poirot conclúe unha carreira ficticia de case sesenta anos. Ademais de ser escritora detectivesca, Agatha Christie escribiu 6 novelas románticas baixo o pseudónimo Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.