QUEN SOMOS

Rolendis da nome aos clubs de lectura do IES Johan Carballeira de Bueu, que están integrados en diurno por alumnos de ESO e Bacharelato, coordinados pola profesora de Xeografía e Historia M.ª Dolores  Toro. Ademáis, neste curso 19/20 incorporamos como novidade un club de lectura en inglés, coordinado por Ignacio Vila, profesor de Lingua Inglesa e outro para profesorado, persoal administrativo e conserxes, coordinado tamén por Lola Toro. En nocturno continuará existindo un grupo de Bacharelato coordinado polo profesor de Matemáticas Uxío Pazos.

O número de alumnos por grupo é de 15, pero existe unha listaxe de agarda para crear novos grupos, así que se aínda non formas parte de Rolendis, anótate! As reunións celébranse cada quince días no noso recuncho da Biblio Carballeira.

A finalidade destes clubs é a de gozarmos da lectura e dos libros en boa compaña, tendo a oportunidade de compartir ou discutir opinións, coñecer outros mundos (que están neste), debater ideas, partillar experiencias… En definitiva, crear un espazo para a libre expresión, un espazo que poidamos sentir noso e  ao que queiramos volver unha e outra vez.